Do 23 ó 27 de Novembro celebramos A SEMANA DA MAXIA actividade que se organizou dende a Biblioteca do centro.A MAXIA foi tratada de xeito interdisciplinar para desenrolar competencias lectoras. Aínda que foi programado para os alumnos de 3º ciclo, a ambientación e algunhas actividades fixéronse tamén para outros grupos participando todos os alunmos do colexio. As actividades implicaron tódalas áreas curriculares e os mestres que as imparten.Durante dous meses a Biblioteca do Centro transformouse en un escenario máxico onde houbo contacontos máxicos, obradoiro de maxia, espectáculo de maxia, películas, lectura de libros, exposición de traballos feitos polos nenos, préstamos de libros e xogos de maxia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario