RENOVANDO A BIBLIOTECA

Estamos a renovar os andeis da nosa Biblioteca. Aquí tedes unhas foto coas novidades.


MOCHILAS VIAXEIRAS



Comenzamos este curso coas Mochilas Viaxeiras, unha invitación ás familias para disfrutar dos libros. . Esta actividade promovida pola Biblioteca pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares. Incluimos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da Biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.

Comenzamos con dúas mochilas, unha para Educación Infantil e outra para Primeiro Ciclo que conteñen libros para os nenos, libros para pais, películas, música, xogos en CD rom... As mochilas viaxarán polos fogares dos alumnos e poderán ser usados polas familias durante unha semana.


Acompañan a estes materiais unha carta dirixida ás familias convidándoas a participar na actividade, o diario dos pais, cunha nota explicativa da súa finalidade e un listado dos materiais incluidos.

Mochila para Educación Infantil



Mochila para Primeiro Ciclo

BIBLIOBURRO

A idea do Biblioburro tivo os seus comenzos no Departamento de Magdalena, en Colombia, cando o profesor Luis Humberto Soriano, observando como os nenos das aldeas próximas chegaban á escola sin facer os deberes por falta de libros, decidiu coa axuda dun burro levar durante os fins de semana os libros ás súas aldeas. O resultado sorprendeu ó mesmo profesor. Preme en Biblioburro e terás máis información.

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS



A construción do primeiro edificio dedicado ao almacenamento e conservación de arquivos de lectura débese ao rei asirio Asurbanipal, no século VII a.C, quen ordenou edificala na cidade de Ninive, preto do río Tigris, a uns quilómetros da actual cidade de Mosul, en Iraq. Construíu a biblioteca no seu pazo e enviou persoas para encontrar tabletas de arxila con rexistros de todos os campos do coñecemento daquela época.Cando estas tabletas chegaban á biblioteca eran copiadas minuciosamente. Se a peza orixinal tiña un anaco que faltaba ou era ilexible, o escriba tiña a obriga de facer a aclaración pertinente na copia que fixera.Estímase que a biblioteca de Asurbanipal tiña preto de 1,500 tabletas, cada unha con oitenta e ata 200 liñas de texto. A cidade de Nínive e a biblioteca foron destruídas no ano 612 a.C.
A primeira biblioteca pública estableceuse na cidade-Estado de Atenas (Grecia) no ano 330 a.C.No mesmo ano construíuse a famosa biblioteca de Alexandría, en Exipto, que contiña 700,000 rolos de papiro co máis selecto da literatura e as ciencias gregas. Foi incendiada por unha turba de cristiáns no ano 640 d.C. Outras bibliotecas importantes foron a biblioteca Ulpia de Roma e a Libraría Imperial Bizantina, creada por Constantino el Grande no século IV d.C