DIA DOS DEREITOS DOS NENOS

En 1956, a Asemblea Xeneral de Nacións Unidas recomendou instituir en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo.

O 20 de novembro se conmemora a data na que a Asemblea Xeneral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Polo tanto, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

Xa transcorriron máis de vinte años da Convención, convirtíndose así no instrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.

Nembargantes sabemos que desgraciadamente estase a seguir violando os dereitos de millóns de nenos e nenas en todo o mundo e polo tanto, todas as institucións públicas e privadas, por unha banda, e a sociedade civil por outra, deben responder a este reto e seguir loitando para que a Convención se convirta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo. Para esta movilización de toda a sociedade, tanto nacional como internacional, segue sendo unha prioridade o artigo 42 da Convención, que compromete ós Estados Partes a dar a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto ós adultos como ós nenos’.

Na páxina web www.rayuela.org atoparás textos, contos e xogos para traballar todos e cada un dos Dereitos dos nenos e das nenas. ¡Para aprender divirtíndonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario