Para que les tamén en Cataluña


Preme no seguinte enlace e atoparás o blog da Biblioteca Escola Sant Jordi de Lleida, onde publican a nosa foto da exposición Para que les.

http://biblioteca-santjordi.blogspot.com/2010/04/un-dia-de-sant-jordi-molt-especial-un.html



Unha aperta dende As Gándaras para todas as bibliotecas de Cataluña.

Confección de contos

Os alumnos de 4º de Primaria fixeron na biblioteca un obradorio de Confección de libros de contos con forma . Fixéronos en grupo, e cada un dos contos ten unha forma diferente según o tema.

TECNOLOXÍA PUNTA Ó ALCANCE DE TODOS

Na semana do libro olvídate do mp3, ipod, iphone... e demáis aparellos, o que realmente está de moda é o book, verdadeira tecnoloxía punta ó alcance de todos.

Hoxe Chrystian Magic na Biblioteca


Hoxe 27 de Abril na Biblioteca visítanos o Mago Chrystyan Magic quen nos presentará o Libro Atrapado na torre de Xoán Babarro e Ana Mª Fernández, e que trata sobre as aventuras que vive un rapaz que chegará a ser mago (biografía dun mago actual).

Contacontos - Fátima

A contacontos Fátima veu á biblioteca e contou dous contos ós alumnos de 3º e de 4º curso co obxectivo de animar ós cativos á lectura.

Os nenos estiveron moi atentos escoitando esta estupenda contacontos.

ACTIVIDADES EN FAMILIA


Un rincón máxico para ler xuntos
Esta actividade consiste en crear un espazo na casa onde poidades pasar un momento acolledor de lecer divertido lendo cos teus fillos pequenos.

Que se precisa?:

O lugar: O primeiro que necesitarás é buscar un sitio da casa onde sentarvos confortablemente e algúns libros. O máis importante é que esté afastado da televisión e ruidos que poidan distraer.

Os libros: Un estante pequeno, un baúl, caixas forradas e decoradas ou cestos poden servir para gardar los libros favoritos dos nenos.

Donde sentarse: O sofá favorito da sala, varias almofadas ou coxíns apilados, un saco de durmir para acampar ou unha colchoneta son o suficientemente cómodos e mulidos para disfrutar dunha boa lectura “xuntos”.

Gravadora: Un pequeno equipo de música, gravadora ou cdplayer pode servir para escoitar contos, cantar cancións ou gravar os seus propios contos e escoitalos cada tarde.

A caixa máxica: Unha caixa de zapatos chea de papeis, cores, ceras ou rotuladores, pegatinas ou recortes de revistas, pode servir para dibuxar aos personaxes dos contos, crear e escribir historias e crear os seus propios libros.

Idades: Ideal para nenos e nenas ata 5 anos