O MAGOSTO
O día 6 de Novembro celebramos no colexio o Magosto. Participamos todos na festa e pasámolo moi ben. Fixemos unha exposición sobre as castañas e despois unha esperadísima degustación de castañas asadas que por certo estaban boísimas e que tivo moitísima aceptación. Aquí déixovos algunhas fotos para que vexades o guapos que estades.
DIA DOS DEREITOS DOS NENOS
En 1956, a Asemblea Xeneral de Nacións Unidas recomendou instituir en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo.
O 20 de novembro se conmemora a data na que a Asemblea Xeneral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Polo tanto, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Xa transcorriron máis de vinte años da Convención, convirtíndose así no instrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.
Nembargantes sabemos que desgraciadamente estase a seguir violando os dereitos de millóns de nenos e nenas en todo o mundo e polo tanto, todas as institucións públicas e privadas, por unha banda, e a sociedade civil por outra, deben responder a este reto e seguir loitando para que a Convención se convirta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo. Para esta movilización de toda a sociedade, tanto nacional como internacional, segue sendo unha prioridade o artigo 42 da Convención, que compromete ós Estados Partes a dar a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto ós adultos como ós nenos’.
Na páxina web www.rayuela.org atoparás textos, contos e xogos para traballar todos e cada un dos Dereitos dos nenos e das nenas. ¡Para aprender divirtíndonos!

Do 23 ó 27 de Novembro celebramos A SEMANA DA MAXIA actividade que se organizou dende a Biblioteca do centro.A MAXIA foi tratada de xeito interdisciplinar para desenrolar competencias lectoras. Aínda que foi programado para os alumnos de 3º ciclo, a ambientación e algunhas actividades fixéronse tamén para outros grupos participando todos os alunmos do colexio. As actividades implicaron tódalas áreas curriculares e os mestres que as imparten.Durante dous meses a Biblioteca do Centro transformouse en un escenario máxico onde houbo contacontos máxicos, obradoiro de maxia, espectáculo de maxia, películas, lectura de libros, exposición de traballos feitos polos nenos, préstamos de libros e xogos de maxia...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)