Un rincón máxico para ler xuntosEsta actividade consiste en crear un espazo na casa onde poidades pasar un momento acolledor de lecer divertido lendo cos teus fillos pequenos.
Que se precisa?:O lugar: O primeiro que necesitarás é buscar un sitio da casa onde sentarvos confortablemente e algúns libros. O máis importante é que esté afastado da televisión e ruidos que poidan distraer.
Os libros: Un estante pequeno, un baúl, caixas forradas e decoradas ou cestos poden servir para gardar los libros favoritos dos nenos.
Donde sentarse: O sofá favorito da sala, varias almofadas ou coxíns apilados, un saco de durmir para acampar ou unha colchoneta son o suficientemente cómodos e mulidos para disfrutar dunha boa lectura “xuntos”.
Gravadora: Un pequeno equipo de música, gravadora ou cdplayer pode servir para escoitar contos, cantar cancións ou gravar os seus propios contos e escoitalos cada tarde.
A caixa máxica: Unha caixa de zapatos chea de papeis, cores, ceras ou rotuladores, pegatinas ou recortes de revistas, pode servir para dibuxar aos personaxes dos contos, crear e escribir historias e crear os seus propios libros.
Idades: Ideal para nenos e nenas ata 5 anos