ACTIVIDADES EN FAMILIA


Un rincón máxico para ler xuntos
Esta actividade consiste en crear un espazo na casa onde poidades pasar un momento acolledor de lecer divertido lendo cos teus fillos pequenos.

Que se precisa?:

O lugar: O primeiro que necesitarás é buscar un sitio da casa onde sentarvos confortablemente e algúns libros. O máis importante é que esté afastado da televisión e ruidos que poidan distraer.

Os libros: Un estante pequeno, un baúl, caixas forradas e decoradas ou cestos poden servir para gardar los libros favoritos dos nenos.

Donde sentarse: O sofá favorito da sala, varias almofadas ou coxíns apilados, un saco de durmir para acampar ou unha colchoneta son o suficientemente cómodos e mulidos para disfrutar dunha boa lectura “xuntos”.

Gravadora: Un pequeno equipo de música, gravadora ou cdplayer pode servir para escoitar contos, cantar cancións ou gravar os seus propios contos e escoitalos cada tarde.

A caixa máxica: Unha caixa de zapatos chea de papeis, cores, ceras ou rotuladores, pegatinas ou recortes de revistas, pode servir para dibuxar aos personaxes dos contos, crear e escribir historias e crear os seus propios libros.

Idades: Ideal para nenos e nenas ata 5 anos

1 comentario:

  1. Deixamos un presentiño para vós no noso blogue:http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/
    Boas leituras.
    Abrazo
    Maria

    ResponderEliminar